Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 14 de decembro de 2020 pola que se notifica acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Arnelles varada no porto de Ribadeo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Marino José Rodríguez Suárez, con DNI ***5247**, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 16 de novembro de 2020 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia que inicia procedemento para a declaración de abandono da embarcación da que é propietario de nome Arnelles e folio 7ª-BA-2-2411-91 varada no porto de Ribadeo por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por atoparse a embarcación varada sen actividade nin mantemento ningún na parcela de Portos de Galicia no porto de Ribadeo e sen aboar taxas, desde que foi reflotada por persoal de Portos de Galicia dado o incumprimento de ordes de retirada emitidas pola Zona Norte da entidade e o risco de afundimento da embarcación en xuño de 2020, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación será o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgase ao propietario da embarcación un prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar ao buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

Cara ao seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia