De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese practicar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Ourense, na avenida de Zamora 13, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 11 de decembro de 2020
Cristina E. Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense
ANEXO
Expediente: 32S001-022-2020.
Persoa interesada: **********************.
CIF/NIF: 71152384K.
Acto notificado: resolución do procedemento sancionador en materia de defensa do consumidor.