Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 259 Luns, 28 de decembro de 2020 Páx. 50581

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1216/2020-M).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1216/2020 desta sección, seguido por instancia de Instituto Xestión Sanitaria, S.A.U., María Gloria Fernández Pla, María Eulalia Villaverde Aceña, Itma, S.L., contra Fogasa, Limpiezas del Noroeste, S.A., Expertus Multiservicios, S.A., Soldene, S.A., Initial Facilities Services, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Desestimamos os recursos de suplicación formulados polas demandantes María Gloria Fernández Pla e María Eulalia Villaverde Aceña e os formulados pola representación procesual das entidades mercantís codemandadas Itma, S.L. e Instituto de Xestión Sanitaria, S.A.U., contra a sentenza do 26 de xullo de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, no procedemento 1283/2013, seguido contra as expresadas mercantís e outras, e confirmamos a expresada resolución.

Déase aos depósitos e consignacións o destino legal. Condénase a impugnante Itma, S.L. ao aboamento de 601 euros, en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante do recurso.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas del Noroeste, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza