Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 259 Luns, 28 de decembro de 2020 Páx. 50583

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 689/2020).

Eu, Eva Ortiz Suarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 689/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vitaliy Dovhanyk contra Montajes Mobilco Creativa, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e sendo parte o Ministerio Fiscal sobre despedimento, ditouse sentenza de data do 24 de novembro de 2020 contra a cal cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días a partir da súa notificación, facéndoo saber os interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita sentenza na Secretaría do citado órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Mobilco Creativa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza