Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49275

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 191/2020-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 191/2020 por instancia de Jorge Pazos Porto contra Feca Neon Reformas y Servicios, S.L., sobre DSP, nos cales se ditou Sentenza en data 5 de outubro de 2020, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión estímase a demanda formulada por Jorge Pazos Porto fronte á empresa Feca Neon Reformas y Servicios, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase extinguida, con data da presente resolución, a relación laboral que une o demandante coa empresa Feca Neon Reformas y Servicios, S.L.

– Condénase a empresa Feca Neon Reformas y Servicios, S.L. a aboarlle ao demandante as seguintes cantidades:

• Cincuenta e cinco mil setecentos seis euros con corenta céntimos de euro (55.706,40 euros) en concepto de indemnización.

• Trece mil catrocentos seis euros cun céntimo de euro (13.406,01 euros) en concepto de cantidades pendentes de pagamento, as cales devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Acórdase o mantemento das medidas preventivas ata, se é o caso, a firmeza da presente resolución.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou graduado social colexiado, ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Feca Neon Reformas y Servicios, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 24 de novembro de 2020

A letrada da Adminsitración de xustiza