Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49277

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 440/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despido/cesamentos en xeral 440/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos García Domínguez contra Construcciones y Derivados Altobello, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza, con data do 15 de setembro de 2020, contra a cal cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días a partir da súa notificación, facéndolle saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita sentenza na Secretaría do citado órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Derivados Altobello, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza