Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49273

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (380/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 380/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Granda Franco contra o Fondo de Garantía Salarial Pronored, S.L.U., Comfica Soluciones Integrales, S.A, Enercom Noroeste, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución en cuxa decisión consta:

Decisión:

Estímase a demanda formulada por Francisco Granda Franco fronte ás empresas Pronored, S.L.U., Enercom Noroeste, S.L. (desistida) e Comfica Soluciones Integrales, S.A.(desistida), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Pronored, S.L. ao demandando Francisco Granda Franco.

– Condénase a empresa Pronored, S.L.U. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do traballador ou o aboamento dunha indemnización de 17.416,71 euros; o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 74,51 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando realizando audiencia pública. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pronored, S.L.U., Comfica Soluciones Integrales, S.A, Enercom Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza