Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49130

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 76/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 76/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Botana Rial contra a empresa Limpintegra XXI, S.L. e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

Que, estimando integramente a demanda interposta por María Isabel Botana Rial contra Limpintegra XXI, S.L., debo condenar e condeno a mercantil Limpintegra XXI, S.L. a aboarlle á demandante a suma de 1.641 euros brutos polos conceptos sinalados no feito probado segundo desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e debe observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza