Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49129

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 116/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 116/2018 deste xulgado do social seguido por instancia de Alberto González Diz contra a empresa Compañía Integral de Seguridad, S.A. e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

Que estimando integramente a demanda interposta por Alberto González Diz contra Compañía Integral de Seguridad, S.A., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 3.028,20 euros, máis o xuro do artigo 1108 do Código civil desde a data da reclamación por papeleta de conciliación ata a presente resolución e o previsto no artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante ata o importe de 200 euros.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía Integral de Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza