Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49131

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (ETX 137/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 137/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel López contra Perfume Vip, S.L., Fogasa, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, vinte e tres de novembro de dous mil vinte.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Perfume Vip, S.L. en situación de insolvencia total polo importe da cantidade de 22.104,76 euros en concepto de principal (2.860,16 euros en concepto de indemnización, 17.742,20 euros en concepto de salarios de tramitación, 1.452,27 euros fixados na sentenza en concepto de salarios e 50,13 euros en concepto de xuros do art. 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 2.210,47 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, art. 188 LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Perfume Vip, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza