Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Promociones Buenos Aires, S.L.
Domicilio social: rúa Victoria de los Ángeles, 1, baixo C,15140 Arteixo.
Denominación: proxecto LMTS, CT e RBT travesía de Arteixo, 307, Arteixo.
Situación: travesía de Arteixo, 307, 15142 Arteixo.
Características técnicas: liña de media tensión soterrada de 15 kV con inicio e fin na liña de distribución SBN715A entre os centros 15CFXM e 15CHZD, logo de entrar no centro de transformación proxectado, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2), Al, lonxitude total 45 m.
Centro de transformación en edificio prefabricado de formigón, compacto, de manobra exterior. Configuración 2L + 1P telecontrolado con transformador de 400 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 15/0.40 kV.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm.310), do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal na que puidera incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o medio natural.
Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se consideren pertinente.
A Coruña, 19 de novembro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.