Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49113

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (1138/20-IG).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 1138/2020-IG

Xulgado de orixe/autos: OAL p. oficio autoridade laboral 678/2019 Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Condado de Zeus, S.L.

Avogado: Francisco Javier Iglesias Calvo

Recorridos: Subdelegación do Goberno en Ourense, Ada Liz Díaz Quintana

Avogado/a: avogado do Estado

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1138/2020 desta sala, seguido por instancia da entidade Condado de Zeus, S.L. contra a Subdelegación do Goberno en Ourense e Ada Liz Díaz Quintana sobre outros dereitos laborais, foi ditada a seguinte resolución:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa demandada, Condado de Zeus, S.L, contra a Sentenza do 9.12.2019, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, en autos 678/2019, confirmamos a sentenza impugnada.

Condenamos a entidade recorrente a aboar os honorarios de letrado da demandante e impugnante da suplicación por importe de seiscentos un euros (601 €). De acordo co artigo 235.1 LXS, a empresa demandada-recorrente debe aboar os honorarios de letrado da demandante-impugnante do recurso, dando aos depósitos constituídos o destino legal correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ada Liz Díaz Quintana, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza