Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49109

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2020 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de postos vacantes no cadro de persoal funcionario.

Ao estaren vacantes os postos de traballo que se indican no anexo I desta resolución e ser necesaria a súa provisión, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen mediante a Resolución reitoral do 30 de abril de 2020 e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e no Regulamento de mobilidade de PAS funcionario da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno do 30 de outubro de 2020, resolve convocar a súa provisión mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

Primeira. Poderán participar as persoas funcionarias de carreira que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. A solicitude para participar figura como anexo II desta convocatoria e presentarase unicamente a través do Rexistro Electrónico da USC, https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceira. A solicitude deberá presentarse acompañada dun curriculum vitae e deberán xustificarse documentalmente os méritos que se aleguen, agás que consten acreditados no expediente persoal dos/das aspirantes.

Cuarta. As persoas funcionarias de carreira que desempeñen en comisión de servizos un posto de libre designación incluído nesta convocatoria de provisión terán a obriga de participar. O incumprimento desta obriga dará lugar á revogación da comisión de servizos.

Quinta. No caso de resultar seleccionado persoal funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento a que figure adscrito.

Sexta. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2020

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: responsable da Unidade de Xestión Administrativa. Xerencia.

Número de praza: PF000967.

Subgrupo: A2/C1/C2.

Nivel: 22.

Complemento específico: 11.953,06.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: secretaría da Reitoría.

Número de praza: PF000273.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 9.455,32.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: secretaría de dirección da Vicerreitoría de Investigación e Innovación.

Número de praza: PF000276.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 9.455,32.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: secretaría de dirección da Vicerreitoría de Profesorado.

Número de praza: PF000894.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 9.455,32.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file