Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49107

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea o tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de setembro de 2019.

Mediante a Resolución desta dirección xeral do 30 de setembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 191, do 8 de outubro) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Na súa base sétima disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, publicándose para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa antedita base, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 30 de setembro de 2019, e que aparecen relacionados no anexo desta resolución.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade do 20 de xullo de 2018, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2020

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Persoal de servizos xerais

Presidenta titular

Pereira Meizoso, Juana Mª

Persoal estatutario de xestión e servizos

Persoal de servizos xerais

Secretaria titular

Ríos Carro, Mª José

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

Vogal titular

Varela Viña, Jaime

Persoal estatutario de xestión e servizos

Persoal de servizos xerais

Vogal titular

Pérez Riobo, Emilio

Persoal estatutario de xestión e servizos

Persoal de servizos xerais

Vogal titular

Rodríguez Trigas, Emma

Persoal estatutario de xestión e servizos

Persoal de servizos xerais

Presidente suplente

González Rial, Darío

Persoal estatutario de xestión e servizos

Persoal de servizos xerais

Secretario suplente

Sampedro Morandeira, José Luis

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Busto Castaño, Luis Antón

Persoal estatutario de xestión e servizos

Persoal de servizos xerais

Vogal suplente

Fuentes Vilariño, Mª Jesús

Persoal estatutario de xestión e servizos

Persoal de servizos xerais

Vogal suplente

Casal Mayo, Mª del Mar

Persoal estatutario de xestión e servizos

Persoal de servizos xerais