Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49105

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se modifican os requisitos para participar na convocatoria da praza de xefatura de sección de Análises Clínicas, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do 30 de novembro de 2020.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés,

RESOLVE:

Primeiro. Modificar os requisitos para participar na convocatoria da praza de xefatura de Sección de Análises Clínicas na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, publicada no DOG núm. 241, do 30 de novembro de 2020, recollidos na base número 2 da convocatoria, Resolución do 12 de novembro de 2020, letras a), b) e c).

Segundo. Os requisitos de participación na convocatoria, base número 2, Resolución do 12 de novembro de 2020, letras a), b) e c) serán os seguintes:

a) Estar en posesión do título universitario oficial de grao, licenciado ou doutor e do título oficial de especialista expedido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, na especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica.

b) Ter a condición de persoal estatutario fixo licenciado sanitario na categoría e especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica, en situación de activo en institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde ou ser titular de praza vinculada docente-asistencial da mesma especialidade.

c) Ter tres anos de experiencia profesional na categoría de facultativo especialista en Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica, nas institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde ou desempeñando praza vinculada docente-asistencial.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro Xeral da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, nº 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 2 de decembro de 2020

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés