Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49101

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 1 de decembro de 2020 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da dita lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan os requisitos que se exixen para o desempeño do posto e que se especifican no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito ao conselleiro de Sanidade, segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta orde.

As ditas solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade, sito no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña), nos das súas xefaturas territoriais ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os aspirantes deberán xuntar coa súa petición un curriculum vitae e xustificar documentalmente mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non serán tidos en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, que se considerará favorable no caso de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes. Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración, adxudicaráselle o posto para o cal foi seleccionado/a.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Código do posto: SAS040000215770001.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Compras e Servizos.

Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.

Subgrupo: A1.

Nivel de C.D.: 30.

Complemento específico: 22.820,84 €.

Corpo ou escala: xeral/estatutario Sergas.

Adscrición administracións públicas: A16, adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas, e persoal estatutario do Sergas.

Formación específica: 640, para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I).

missing image file