Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48961

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 348/2018).

PO procedemento ordinario 348/2018

Procedemento orixe:

Sobre ordinario

Demandante: Ángela Ciupea

Graduado social: José Benito Vidal Rey

Demandados: Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, Juan Francisco Vidal Lojo

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 348/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Pablo Pereiro Santiso contra a empresa Transportes Anmasa 2014, S.L., Ayse Lucus, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se adxunta:

«Parte dispositiva.

Acordo: apróbase a transacción xudicial alcanzada entre as partes, nos termos expresados no antecedente de feito cuarto.

Arquívense as actuacións.

Notifíquese a presente resolución e fágaselles saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación se exercerá ante este mesmo órgano, polos trámites e cos recursos establecidos na Lei reguladora da xurisdición social. A acción caducará aos trinta días da data da súa celebración. Para os terceiros prexudicados, o prazo contará desde que puidesen ter coñecido o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación polos posibles terceiros prexudicados poderá fundamentarse en ilegalidade ou lesividade.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén a mesma, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto da resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Anmasa 2014, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2020

La letrada da Administración de xustiza