Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48942

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 880/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 880/2019, seguido por instancia de María Begoña Costa Pardo contra Valoriza Facilities, S.A.U., sobre recoñecemento de dereito e pagamento de cantidade, ditouse a Sentenza 400/2020, do 6 de novembro, que estima a demanda e contra a que non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma á representación legal de Valoriza Facilities, S.A.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza