Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48941

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (650/2019).

Eu, M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza da Sección 6 de Audiencia Provincial de Pontevedra, mediante o presente edicto fago constar que na peza de apelación 650/2019, dimanante do procedemento ordinario 477/2017 do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, no cal figura como demandante M. Dolores M. R. e como demandados HCC Internacional Insurance Company e Araceli Domínguez Villar, esta sección ditou a Sentenza do 13 de febreiro de 2020 en que rexeitaba o recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. López Botana en representación de M. Dolores M.R. contra a sentenza ditada en primeira instancia polo Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, cuxo texto íntegro se encontra nesta secretaría á disposición dos interesados.

Contra a presente sentenza cabe interpor recurso de casación, para o caso de que se acredite interese casacional ou, de ser o caso, recurso extraordinario por infracción procesual, sobre a base do establecido no artigo 447 de Lei axuizamento civil.

Para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Araceli Domínguez Villar, cuxo domicilio actual se descoñece, expido o presente edicto.

Vigo, 18 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza