Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 14 de decembro de 2020 Páx. 48943

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 145/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 145/2020, seguido por instancia de Emger José Castillo Pérez contra Callón Torres y Otros, S.L., sobre execución pecuniaria recoñecida en sentenza, foron ditados auto de despacho de execución e decreto de embargo, ambos con data do 12.11.2020, e contra os cales pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Callón Torres y Otros, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza