Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48591

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana do concello de Chantada, para a redelimitación do núcleo rural de Alemparte, parroquia de Mariz.

O 15.7.2020 tivo entrada na Xunta de Galicia a documentación correspondente á aprobación provisional do expediente de referencia, remitida polo Concello de Chantada, para os efectos da súa aprobación definitiva. Posteriormente, o 6.8.2020 remitiuse nova documentación para completar o expediente.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG) establece no artigo 83.6 que as modificacións dos instrumentos de planeamento urbanístico que teñan por obxecto a delimitación de solo de núcleo rural se tramitarán segundo o procedemento establecido no artigo 78.

Analizado o expediente administrativo e o proxecto de modificación, datado en outubro de 2019, asinado pola arquitecta Carmen Bouza García e coas dilixencias de ter sido aprobado provisionalmente polo Concello Pleno do 18.6.2020, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

O Concello de Chantada conta cun Plan xeral de ordenación urbana (PXOU) aprobado definitivamente o 29.7.1985, que identifica Alemparte como núcleo urbano no medio rural e clasifícao como solo urbano coa Ordenanza 7ª, na variedade de «núcleo denso».

Na modificación posterior do PXOU aprobada o 31.3.1993, delimitouse o núcleo de Alemparte e outros núcleos que quedaran sen delimitar no PXOU.

I.1. Tramitación do expediente.

• Proxecto para a tramitación ambiental datado en febreiro de 2017.

• Informe ambiental estratéxico do 15.6.2017.

• Aprobación inicial do Concello Pleno do 12.3.2018.

• Anuncios de exposición pública e notificacións a propietarios realizados de marzo a agosto de 2018, publicación no DOG do 17 de marzo e audiencia aos concellos limítrofes.

• Informes sectoriais da Delegación do Goberno (13.3.2020), Industria e Enerxía (1.10.2019), Telecomunicacións (13.12.2018), CHMS (5.3.2019), Fomento (estradas estatais) (6.2.2019), DXPC (21.9.2018), IET (11.10.2019), Emerxencias (28.8.2019), Deputación (29.4.2019), Augas de Galicia (19.2.2019) e Medio Rural (12.11.2018).

• Proxecto para a aprobación provisional datado en outubro de 2019.

• Informe técnico municipal previo á aprobación provisional do 2.5.2019.

• Informe xurídico do secretario municipal previo á AP do 2.5.2019.

• Certificación do acordo de aprobación provisional primeira do 13.5.2019.

• Requirimentos de integridade documental da DXOTU do 25.6.2019 e 4.12.2019.

• Certificación do acordo de aprobación provisional segunda do 18.6.2020.

II. Aspectos xerais. Contido.

O proxecto propón a delimitación dun núcleo rural histórico-tradicional cun ámbito de 18.193,5 m2, define o trazado da rede viaria, regula as condicións urbanísticas aplicables no núcleo e cataloga varias construcións de carácter tradicional, incorporando medidas de protección. Non identifica dotacións existentes nin previstas.

A delimitación atópase atravesada na súa vertente oeste pola estrada provincial LU-P-1806.

III. Análise e consideracións.

III.1. Razóns de interese público da modificación (artigo 83.1 da LSG).

No proxecto sinálanse como razóns de interese público a mellora substancial da ordenación establecida no planeamento, a incorporación de morfoloxía preexistente de núcleo rural e a demanda social de crecemento residencial (núm. 1.5.3.1).

III.2. En relación coas determinacións exixibles.

O asentamento delimitado conta co topónimo oficial de Alemparte, recoñecido no nomenclátor oficial de entidades da provincia de Lugo (Decreto autonómico 6/2000).

No plano AMAP-01 (Px 21 pdf) sinálanse como vivendas dúas construccións que non se poden ter en conta como edificadas (parcelas 27016040000060000HF e 27016A05300002). En calquera caso, a delimitación cumpre o grao de consolidación exixido.

III.3. Contido da proposta.

Deberán sinalarse os muros tradicionais no plano onde se indican as aliñacións.

III.4 Cuestións documentais.

Respecto á documentación que se debe presentar, cómpre sinalar que o 25.5.2020 entrou en vigor a Orde do 10 de outubro 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia. Na disposición transitoria segunda sinálase que os documentos de planeamento aprobados inicialmente á entrada en vigor destas normas que se remitan á consellería competente en materia de urbanismo para informe ou aprobación achegarán os datos xeográficos do documento en soporte vectorial xeorreferenciado, ou axustado ás normas técnicas do planeamento.

IV. Resolución.

Visto canto antecede, en virtude do establecido no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana do concello de Chantada para a redelimitación do núcleo rural de Alemparte, parroquia de Mariz, coa suxeicción ás observacións formuladas nos números III.3 e III.4 desta resolución.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, esta Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a modificación puntual no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

4. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar a normativa da modificación aprobada no Boletín Oficial da provincia, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

5. Contra esta resolución cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2020

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo