Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48595

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva do proxecto de delimitación do solo do núcleo rural de Goia, parroquia de Santa Eulalia de Pradeda, no concello de Guntín (Lugo).

O 1.9.2020 o Concello de Guntín remitiu documentación correspondente ao expediente de referencia, para os efectos da emisión do informe previsto no art. 78.2.c) da Lei 1/2016, do solo de Galicia (LSG), atendendo ao requirimento de emenda de deficiencias formulado por esta Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o 4.10.2019.

A documentación presentada en formato dixital está integrada polos proxectos técnicos redactados polo arquitecto José Ángel Santos Ferro: un, datado en outubro de 2017, que constitúe a base para a obtención dos informes favorables da Dirección Xeral de Estradas do Estado en Galicia e a Deputación de Lugo; e outro, datado en novembro de 2019 aprobado provisionalmente o 20.7.2020. Asemade, achégase certificación da exposición ao público, notificacións individuais aos titulares catastrais afectados e acordo plenario do 20.7.2020.

Analizada a documentación achegada polo Concello e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Guntín carece de instrumento de planeamento xeral e dispón dun proxecto de delimitación de solo urbano aprobado o 6.4.1979 e varios de delimitación de núcleos rurais. O núcleo de Goia non figura delimitado.

1.2. De acordo coa documentación remitida polo Concello, a tramitación incluíu:

• Exposición pública con anuncios en El Progreso (7.4.2017), DOG (17.4.2017) e La Voz de Galicia (9.4.2017). Consonte certificación de secretaría municipal que consta no expediente, o proxecto expúxose ao público polo prazo de 2 meses, durante o cal non se presentaron alegacións.

• Solicitude e emisión de informes sectoriais:

– Da D.X. do Patrimonio Cultural (5.5.2017), favorable con condicións.

– Da Deputación de Lugo (18.4.2017) desfavorable e (26.1.2018), favorable.

– Da D.X. de Telecomunicacións do Ministerio de Industria (10.3.2017), favorable.

– Da D.X. de Estradas do Estado en Galicia (13.6.2019), favorable,

• Emisión de informes municipais, xurídico (2.7.2019) e técnico (27.6.2019).

• 1ª aprobación provisional do expediente (acordo plenario do 5.7.2019).

• Emisión de informes municipais, xurídico (20.7.2020) e técnico (10.12.2019).

• 2ª aprobación provisional da modificación (acordo plenario do 20.7.2020).

II. Aspectos xerais. Contido.

II.1. Delimítase o núcleo rural de Goia nun ámbito de 7,09 ha e clasifícase como núcleo rural común, con tres bolsas de solo, polo que se delimita un ámbito descontinuo. O subámbito máis setentrional, atravesado pola estrada N-540, presenta un total de 7 vivendas; o primeiro dos dous subámbitos cara ao sur (atravesados ambos pola estrada LU P 2405) contén 3 vivendas, e o último, 4 vivendas.

II.2. O proxecto define o trazado da rede viaria existente e as zonas edificables do núcleo, e regula as condicións de uso, volume e estéticas aplicables. Achega un catálogo de protección de elementos patrimoniais. O núcleo non conta con dotacións públicas.

II.3. O asentamento cumpre o artigo 23 da LSG para núcleos rurais; conta cun topónimo oficial –Goia– recoñecido no nomenclátor oficial de entidades da provincia de Lugo (Decreto autonómico 6/2000); e acada o requisito de consolidación mínima exixida dun terzo para NRC establecidos no artigo 23.3 da LSG.

III. Análise e observacións.

III.1. En canto ao requirimento desta SXOTU do 4.10.2019, achegáronse, o proxecto dilixenciado da aprobación provisional de xullo de 2019; proxecto dIlixenciado que constitúe a base para a obtención dos informes favorables da Dirección Xeral de Estradas do Estado en Galicia e a Deputación de Lugo; documentación en formato dixital; notificacións aos titulares catastrais e certificado de non teren recibido alegacións.

III.2. Asemade, púidose comprobar que se tiveron en conta as consideracións do informe ambiental do 30.8.2018.

III.3. Respecto á documentación que se debe presentar, cómpre sinalar que o 25.5.2020 entrou en vigor a Orde do 10.10.2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia. Na disposición transitoria segunda sinálase que os documentos de planeamento aprobados inicialmente á entrada en vigor destas normas que se remitan á consellería competente en materia de urbanismo para informe ou aprobación achegarán os datos xeográficos do documento en soporte vectorial xeorreferenciado ou axustado ás normas técnicas do planeamento.

IV. Resolución.

Visto canto antecede, en virtude do establecido no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a delimitación do núcleo rural de Goia, parroquia de Sta. Eulalia de Pradeda, no concello de Guntín.

2. Para a inscrición no Rexistro de Planeamento, deberanse achegar os datos xeográficos do documento en soporte vectorial xeorreferenciado.

3. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, esta Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a modificación puntual no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

4. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

5. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar a normativa da modificación aprobada no Boletín Oficial da provincia, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

6. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2020

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo