Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48188

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (XVB 349/2018).

Eu, Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento xuízo verbal nº 349/2018 se ditou resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza n° 103/2019.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2019.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial o presente xuízo verbal nº 349/2018 promovido pola procuradora Sra. Barreira Fernández, en nome e representación de Gladys Esther Cardozo Vasquez, maior de idade con DNI nº 49671087-B, fronte a Elmer Vasquez Gonzales, maior de idade apuntado en autos respecto da menor Laura Lucinda Vasquez Cardozo, con DNI nº 51273832-R con intervención da representante do Ministerio Fiscal.

Decido:

Que estimando substancialmente a demanda de xuízo verbal deducida pola procuradora Sra. Barreira Fernández, en nome e representación de Gladys Esther Cardozo Vasquez, maior de idade con DNI nº 49671087-B, fronte a Elmer Vasquez Gonzales, maior de idade apuntade en autos respecto da menor Laura Lucinda Vasquez Cardozo, con DNI nº 51273832-R, con intervención da representante do Ministerio Fiscal procede atribuír a Gladys Esther Cardozo Vasquez o exercicio exclusivo da patria potestade sobre a menor Laura Lucinda Vasquez Cardozo ata a maioría de idade da filla común en cuestións médicas sanitarias, educativas, incluídas excursións e campamentos, saídas de territorio estatal, renovación do pasaporte e DNI, cambios de domicilio e empadroamento e demais cuestións análogas.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a esta cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss e 776 Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50€ previsto na D.A. 15ª da LOPX.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicacion: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo Sr. xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Elmer Manuel Vasquez Gonzales, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza