Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48190

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (232/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despido/cesamentos en xeral 232/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rocío Noya Pablo contra o Fondo de Garantía Salarial, Cristina Álvarez Martínez, Dibea Estetic, S.L., Idealiño, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte Resolución de data do 20.10.2020:

Decido:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Rocío Noya Pablo fronte ás empresas Dibea Estetic, S.L., Idealiño, S.L. Grupo Cristina Álvarez Martínez (desistida) e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora realizado pola empresa Idealiño, S.L. e comunicado o 6 de febreiro de 2020.

– Condénase a empresa Idealiño, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 601,29 euros, determinado o aboamento da devandita indemnización á extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 43,73 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo Sr. xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando a celebrar audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Dibea Estetic, S.L., Idealiño, S.L., e Grupo Cristina Álvarez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza