Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 18 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de expropiación forzosa relacionada coa concesión de explotación Casalonga número 6996, no concello de Teo (expediente IN334A 2020/01-1).

En cumprimento do disposto na Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e no seu regulamento, do 26 de abril de 1957, de conformidade co artigo 105 da Lei 22/173, do 21 de xullo, de minas, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude de expropiación forzosa relacionada co dereito mineiro que se describe a seguir:

– Expediente: IN334A 2020/01-1.

– Beneficiario: Toca y Salgado, S.L. (Toysal), CIF: B36625085.

– Domicilio social: Camiño do Caramuxo, 65, Navia. 36213 Vigo, Pontevedra.

– Denominación do dereito mineiro: concesión de explotación de recursos da sección C), Casalonga, nº 6996.

– Concello afectado: Teo.

– Documentación que se expón: a relación concreta e individualizada do ben que se considera de necesaria expropiación que se xunta no anexo deste acordo.

O obxecto desta información pública é declarar a necesidade de ocupación do predio afectado e iniciar o procedemento expropiatorio.

O que se fai público de conformidade cos artigos 15, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa, e consecuentes do seu regulamento, para o coñecemento xeral e, de ser o caso, formular alegacións sobre a procedencia da ocupación ou disposición dos bens así como o seu estado material ou legal, ou calquera outra observación que se considere oportuna dentro do prazo de quince (15) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 18 de novembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN334A 2020/01-1.

Entidade beneficiaria: Toca y Salgado, S.L. (Toysal).

Denominación da explotación: concesión de explotación Casalonga, núm. 6996.

Concello: Teo.

Predio

Lugar

Descrición da parcela

Titularidade

Afección

1

Canteira

Franxa comprendida entre os puntos quilométricos 6+400 e 7+600 da EP 0205 de Bertamiráns á Ramallosa que foi desafectada e permutada pola Deputación Provincial da Coruña á mercantil Camilo Carballal, S.L. polo Acordo plenario do 30 de marzo de 2006

Manuel Carballal Pazos

Superficie en pleno dominio de 10.544 m²