Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar a resolución de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal ás persoas interesadas (expediente OU-2020/00025).

Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado encóntrase á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 3 de novembro de 2020

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Persoas interesadas

OU-2020/00025

44490422G

OU-2020/00025

54674318Y