Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Melón (expediente IN407A 2020/053-3).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado núm. 2.880 COITI Vigo, en outubro de 2020, con visado nº 22001332, do 26.10.2020, do sinalado colexio profesional:

Solicitante: Distribuidora Eléctrica de Melón, S.L.

Domicilio: rúa Coruña, nº 20, baixo, 36700 Tui-Pontevedra.

Denominación: modificación do CT Cruceiro Gordo I (3557-AT).

Situación: lugar de Melón; concello de Melón (Ourense).

Orzamento: 57.946,58 €.

Características técnicas: ampliación de potencia no CT Cruceiro Gordo I, no edificio de obra civil existente, que pasa dos 160 kVA actuais a 250 kVA r/t: 20.000/400-230 V; cambio de celas 2L+P, prefabricadas en envolvente metálica con corte e illamento en SF6. Situación en Melón, nas coordenadas xeográficas: 42º16´20.11’’N 8º12´03.74’’ O.

Orzamento de execución material: 37.433,28 €.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 24 de novembro de 2020

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 135/2017, artigos 62.3 e 63.1)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

Disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro.