Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47493

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (614/2019).

Eu, Francisco Javier Crespo Martín, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, anuncio que:

No presente procedemento ordinario 614/2019 seguido por instancia de Grúas Pérez Coco, S.L. contra Estructuras Dabalpo, S.L.U., Martín Díaz Dablanca, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Ourense, 4 de setembro de 2020.

Vistos por min, Susana Conde Fernández, maxistrada xuíza, en substitución, do Xulgado de Primeira Instancia número 4 con competencia mercantil de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario nº 614/2019, seguidos ante este xulgado, nos cales é parte demandante Grúas Pérez Coco, S.L., representada polo procurador dos tribunais Camilo Enríquez Naharro e asistido polo letrado Joaquín Delmonte Angullo, substituído no acto de xuízo por Roi Deaño Fernández, contra a mercantil Estructuras Dabalpo, S.L.U. e Martín Díaz Dablanca, en calidade de administrador único da mercantil demandada, ambos en situación procesual de rebeldía, sobre acción de reclamación de cantidade e acción individual de responsabilidade.

Decido:

Que, estimando integramente a demanda presentada polo procurador Sr. Enríquez Naharro, actuando en nome e representación de Grúas Pérez Coco, S.L., contra Estructuras Dabalpo, S.L.U. e Martín Díaz Dablanca, ambos en situación procesual de rebeldía, condeno a parte demandada a aboar á demandante de forma conxunta e solidaria a suma de 22.548, 95 euros máis os xuros legais da cantidade reclamada desde a presentación da demanda até a data da presente sentenza, e os previstos no artigo 576 desde esta ata a súa completa execución. Todo iso con expresa imposición das custas procesuais causadas á parte demandada.

A presente sentenza é susceptible de recurso de apelación que se interporá no prazo de vinte días desde a súa notificación».

E encontrándose os devanditos demandados, Estruturas Dabalpo, S.L.U. e Martín Díaz Dablanca, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 28 de setembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza