Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47495

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO XVB (418/2019).

Eu, Carlos Neira Pereira, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, por medio do presente anuncio:

Que no xuízo verbal número 418/2019 seguido por instancia de María Dolores Casas Díaz fronte a Fernando Basanta Quelle se ditou a sentenza 74/2020 da cal, de entre outros pronunciamentos, se deberá publicar o seguinte extracto tal e como establece o artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil:

Sentenza 74/2020

Maxistrado: Pablo Muñoz Vázquez

Data: 30 de setembro de 2020

Lugar: Viveiro

Procedemento: xuízo verbal 418/2019

Demandante: María Dolores Casas Díaz

Avogada: Encarnación Bernal Marín

Demandando: Fernando Basanta Quelle

(…)

Decisión:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por María Dolores Casas Díaz contra Fernando Basanta Quelle e, por conseguinte, acordo que debo condenar e condeno a Fernando Basanta Quelle a pagarlle a María Dolores Casas Díaz a suma de 805,30 euros incrementada co xuro indicado nos fundamentos de dereito segundo e terceiro desta resolución.

Impóñense as custas procesuais a Fernando Basanta Quelle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta sentenza é firme.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose en paradoiro descoñecido Fernando Basanta Quelle, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma ao demandado.

Viveiro, 1 de outubro de 2020

O letrado da Administración de xustiza