Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47098

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 19 de novembro de 2020 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro de ensinanzas deportivas Drocer, de Lugo.

A representación legal da titularidade do centro de ensinanzas deportivas Drocer, de Lugo, solicita autorización para impartir as ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Baloncesto, reguladas no Real decreto 980/2015, do 30 de outubro (BOE do 25 de novembro), e no Decreto 106/2017, do 28 de setembro (DOG do 13 de novembro).

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para impartiren ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta norma foi desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, en que se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar a apertura e funcionamento do centro de ensinanzas deportivas Drocer, que queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas deportivas (CAD).

Denominación específica: Drocer.

Código do centro: 27020987.

Titular: Asociación Deportiva y Cultural Drocer.

Domicilio: Calzada Xián, nº 8.

Concello: Lugo.

Provincia: Lugo.

Ensinanzas que se autorizan:

Grao medio: ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Baloncesto (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Lugo, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade