Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47097

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2020 pola que se dispón a substitución dun vogal da Comisión da Transparencia de Galicia.

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, crea, no seu artigo 33, a Comisión da Transparencia de Galicia e, na súa alínea 2.a), atribúelle a súa presidencia á persoa titular da institución do Valedor do Pobo.

No exercicio das funcións inherentes á presidencia da dita comisión, e por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública,

RESOLVO:

Primeiro. Que cese Javier Enrique Fraga Campo como vogal suplente da Comisión da Transparencia de Galicia en representación da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación da Xunta de Galicia.

Segundo. Nomear a Patricia Brión Cabanelas como vogal suplente da Comisión da Transparencia de Galicia en representación da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2020

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo
Presidenta da Comisión da Transparencia