Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 46987

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Monforte de Lemos

EDICTO (544/2018).

Sonia María Espiñeira Vilariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de primeira instancia número 1 de Monforte de Lemos, dá fe de que, no procedemento de divorcio contencioso número 544/2018 seguido ante este Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Monforte de Lemos, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza. Monforte de Lemos, 19 de febreiro de 2020. Vistos por min, Mónica Ferreiro Quintas, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 dos desta localidade, os presentes autos de divorcio contencioso 544/2018, seguidos ante este xulgado por instancia de Juan José López Goyanes, representado polo procurador Sr. Rodríguez Cedrón e asistido polo letrado Sr. Teixeira Rodríguez, substituído na vista polo Sr. Rodríguez González, fronte a Mailén Peña González, en rebeldía. Resolvo: que estimando a demanda contenciosa de divorcio interposta por Juan José López Goyanes, representado polo procurador Sr. Rodríguez Cedrón, fronte a Mailén Peña González, en rebeldía, debo declarar e declaro a disolución por causa de divorcio do matrimonio formado polos anteriormente mencionados cónxuxes con todos os efectos legais, o que comporta a disolución do réxime económico-matrimonial entre ambos. Iso sen facer especial pronunciamento respecto ás custas. Lévese testemuño desta resolución aos autos da súa razón, quedando o orixinal no libro dos da súa clase. Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que a mesma non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación no termo dos vinte días seguintes ao da súa notificación. Para o que se deberá ter en conta o disposto, en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial. Unha vez firme a presente resolución, expídase testemuño para a súa anotación marxinal na inscrición de matrimonio dos ex cónxuxes no Rexistro Civil Central de Madrid. Así, por esta a miña sentenza, xulgando nesta instancia, o pronuncio, o mando e o asino.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Mailén Peña González, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Monforte de Lemos, 20 de abril de 2020

A letrada da Administración de xustiza