Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 46985

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

EDICTO (DCT 340/2019).

Eu, Mariña Vila Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, fago saber que nas presentes actuacións se ditou Sentenza con data do 28.10.2020, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Encabezamento:

Xuíz que a dita: Alejandra Iglesias Cereijo.

Lugar: A Estrada.

Data: 28 de outubro de 2020.

Vistos por min, Alejandra Iglesias Cereijo, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, os autos de divorcio 340/2019, interposto por Cristina González Pacheco representada polo procurador dos tribunais Manuel Sánchez Ortega e asistida do letrado José Julio Benito García, contra Eneas Napoleón Chopre Velasco.

Decido estímase a demanda exposta por Cristina González Pacheco representada polo procurador Sr. Sánchez Ortega contra Eneas Napoleón Chompre Velasco declarado en situación de rebeldía procesual.

Declaro disolto por divorcio o matrimonio contraído entre os litigantes con data do 26 de setembro de 2020, con todos os efectos legais que esta declaración conleva.

A revogación dos poderes que puidesen ser outorgados por un dos cónxuxes a favor do outro.

A atribución do uso do domicilio conxugal, sito na avenida de Vigo, número 23, 1º H, da Estrada, a Cristina González Pacheco.

Non procede facer especial pronunciamento sobre custas.

Unha vez firme esta sentenza, remítase testemuño dela ao Rexistro Civil correspondente para que se faga a oportuna anotación marxinal no asento correspondente ao matrimonio dos cónxuxes aos cales afecta.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenza.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o Tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da Lei de axuizamento civil).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar constituír, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente, e incluirá no campo “concepto” a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».

E atopándose o demandado, Eneas Napoleón Chompre Velasco, en paradoiro e domicilio descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación, e facúltase o portador do presente para o seu dilixenciamento.

A Estrada, 29 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza