Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46547

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de auto de aclaración (1294/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1294/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia Iglesias Viñuales contra Skala Coruña, S.L. e Fogasa sobre ordinario, ditouse auto de aclaración da resolución con data do 20.10.2020 onde consta na parte dispositiva:

«Parte dispositiva:

Dispoño:

1. Aclarar a sentenza ditada con data do 20.10.2020 nos seguintes termos: onde di na parte dispositiva: “Condénase a empresa Skala Coruña, S.L. a aboar á demandante a cantidade de mil cincocentos cincuenta e cinco con cincuenta e oito céntimos de euro (1.055,58 euros)”, debe dicir: “Condénase a empresa Skala Coruña, S.L. a aboar á demandante a cantidade de mil cincuenta e cinco euros con cincuenta e oito céntimos de euro (1.055,58 euros)”.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos.

Notifíquese ás partes, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer ningún recurso distinto ao que, de ser o caso, poida interpoñerse fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a-xuíz/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Skala Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza