Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46546

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (PO 258/2017).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 258/2017 do xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Iglesias Blanco contra Transcoruña, S.L., administración concursal de Transcoruña, S.L. e o Fogasa sobre reclamación de cantidade, foi ditada Resolución do 6 de novembro de 2020 contra a cal non cabe recurso de suplicación por razón da contía sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRXS, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Transcoruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

A Coruña, 10 de novembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza