Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46545

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (165/2019).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Emilia González Rodríguez fronte a Primer Argentino, S.L. ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

«Sentenza.

En Vigo o 6 de abril de 2020.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre acción de enriquecemento inxusto co número 165/2019, promovido por Emilia González Rodríguez, representada pola procuradora Sra. Rodríguez González e asistida da letrada Sra. Lago González, contra Primer Argentino, S.L., en situación procesual de rebeldía.

Resolución:

Desestimando totalmente a demanda promovida pola representación de Emilia González Rodríguez contra Primer Argentino, S.L., debo absolver e absolvo a demandada das pretensións contra ela deducidas, con imposición á demandante do pagamento das custas procesuais».

E encontrándose a devandita demandada, Primer Argentino, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 20 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza