Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46179

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 196/2020 BC).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 196/2020 desta sección, seguido por instancia de Ángel Javier Gende García, Fiatc Mutua de Seguros y Reaseguros contra Demacar, S.L., Zürich España Cía. de Seguros y Reaseguros, Govisa Ingeniería y Montajes, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Cometal Montajes, S.L., Margarita Canto Castro, sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, desestimando os recursos de suplicación interpostos polas representacións letradas da mercantil Fiact Mutua de Seguros e do traballador demandante Ángel Javier Gende García, ambos os recursos formulados contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, con data do 11 de setembro de 2019, nos presentes autos 176/2018, seguidos por instancia do referido traballador recorrente fronte aos demandados Fiact Mutua de Seguros, Margarita Canto Castro, Compañía de Seguros Zürich, Compañía de Seguros Allianz, Cometal Montajes, S.L., Govisa Ingeniería y Montajes, Demacar, Sociedade Limitada, sobre indemnización de danos e perdas derivados de accidente de traballo, confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Decrétase a perda do depósito necesario constituído para recorrer pola aseguradora Fiact Mutua de Seguros, ao cal se dará o destino legal, unha vez que adquira firmeza a presente resolución; mantense o aseguramento prestado e a imposición de custas á citada recorrente, que incluirá os honorarios do letrado do traballador demandante, impugnante do recurso, na cantidade de 650 euros.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Demacar, S.L., Cometal Montajes, S.L., Govisa Ingeniería y Montajes, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza