Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46184

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 243/2018).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 243/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra María Vidal Doldan contra Miva Vicente Vidal, S.L., coa intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou Sentenza 328/2020, de data do 20.10.2020, estimando a demanda, e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco (5) días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Miva Vicente Vidal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza