Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46185

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 910/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 910/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier López Montero contra Hércules de Armamento, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou Sentenza 402/2020 con data do 21 de outubro de 2020, en que se estimaba a demanda, e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste juzgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos solicitados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hércules de Armamento, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza