Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46186

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 683/2019).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 683/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pascale Michelle contra Eduard Dragos Boghiu, con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou Sentenza 401/2020, con data do 21 de outubro de 2020, en que se estimaba a demanda, e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Eduard Dragos Boghiu, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza