Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46183

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 83/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 83/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosina Almuiña Velázquez contra a empresa Transportes y Logística de Arcade, S.L., sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións que se encontran á súa disposición na sede do xulgado:

– Auto en que se despacha execución do 18 de setembro de 2020, impugnable en reposición no prazo de tres días.

– Decreto do 22 de setembro de 2020, así como dilixencias de ordenación do 18 de setembro de 2020, do 30 de setembro de 2020, do 6 de outubro de 2020, do 9 de outubro de 2020 e do 21 de outubro de 2020, impugnables todas elas en revisión no prazo de tres días contados desde a súa notificación.

Para que sirva de notificación en legal forma a Transportes y Logística de Arcade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza