Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46182

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 79/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 79/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Mar Teixeira González contra a empresa Abarrotes Gourmet, S.L., sobre ordinario, se ditou o Decreto de insolvencia do 30 de outubro de 2020, impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Abarrotes Gourmet, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza