Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45960

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 32/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 32/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luz Valiño Mera contra Mutua Universal Mugenat, INSS, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Maconsi, S.A.U., Xerencia Xestión Integrada Servizo Galego de Saúde, Mutua Fremap, Clece, S.A. e Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Luz Valiño Mera, contra o Instituto Social da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Universal Mugenat, a Mutua Fremap, a entidade Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., a entidade Clece, S.A., a entidade Maconsi, S.A.U. e a Xerencia de Xestión Integrada Servizo Galego de Saúde, sobre determinación de continxencia, e en consecuencia debo revogar as resolucións do INSS con data do 26.6.2017, ditada no expediente 620/2017, e as con data do 31.10.2017, ditadas no expediente 616/2017, expediente 618/2017 e expediente 619/2017, declarando que os procesos de IT iniciados pola demandante o 7.1.2011, o 26.1.2012, o 22.2.2013, o 9.5.2015, o 27.9.2016 e o 16.11.2016, derivan de enfermidade profesional (código 5A0129), con condena das demandadas, a estar e pasar pola dita declaración, cos efectos legais inherentes a ela, e con aboamento, se é o caso, das prestacións correspondentes, as súas diferenzas, atrasos e xuros conforme a base reguladora de 1.078,87 euros mensuais.

Absólvense a entidade Maconsi S.A.U., Xerencia Xestión Integrada Servizo Galego de Saúde, Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L. e Mutua Fremap das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto a nome desta oficina xudicial co núm. 1596, clave 65, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, o mando e o asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Maconsi, S.A.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza