Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45962

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 87/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 87/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Pérez Cutrín contra Amilaxa Servicios Generales, S.L. sobre despedimento, se ditou decreto de insolvencia do 28 de outubro de 2020, contra o cal se poderá interpoñer recurso de revisión no prazo de tres días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na secretaría deste xulgado.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Amilaxa Servicios Generales, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza