Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45963

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 293/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que en este xulgado se segue xuízo da clase de despedimento/cesamentos en xeral, seguido baixo o número 293/2020, no cal figura como intervinte Juan José Martínez Varela e no cal se sinalou a conciliación e/ou xuízo para o día 2.2.2021 ás 8.55 e 9.00 horas, respectivamente.

Ao estar esta parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto cumprindo o disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e á protección de datos, co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza