Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45964

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 105/2020).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 105/2020 deste xulgado se ditou Auto do 28 de outubro de 2020 e Decreto do 29 de outubro de 2020. Poden interpor recurso de reposición contra o primeiro e recurso de revisión contra o segundo, no prazo de tres días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da/das dita/s resolución/s na Secretaría deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Ancora Hispania, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza