Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45965

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 349/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento SSS seguridade social 349/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia da demandante Ángela María Vázquez Fernández-avogado Manuel López Núñez, contra a empresa demandada Servicios Inmobiliarios Jalsy Mar, S.L., foi ditada sentenza estimatoria para o demandante no 23.10.2020 contra a cal cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na Oficina Xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, e que se encontra á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios Inmobiliarios Jalsy Mar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza