Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45949

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 564/2017).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 564/2017 deste xulgado do social, seguido contra Taberna El Gallinero, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que debo aceptar e acepto a demanda formulada por Manuela Teijeiro Campelo contra a empresa Taberna El Gallinero, S.L.U. e, en consecuencia, condeno a demandada a que lle aboe a cantidade de 3.587,57 euros á parte demandante. A dita cantidade devindicará o xuro do artigo 29.3 do ET na forma indicada no último fundamento xurídico desta resolución. E condeno o Fogasa a estar e pasar por esta sentenza nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en forma legal á mercantil Taberna El Gallinero, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de outubro de 2020

O letrado da Administración de xustiza