Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45950

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 175/2017).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 175/2017 deste xulgado do social seguido contra Mantecer, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que debo estimar e estimo a demanda formulada por Carmen García Castro contra a empresa Mantecer, S.L., condeno a demandada a que aboe a cantidade de 313,82 euros á parte demandante. Condeno o Fogasa a pasar por esta sentenza nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRX.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mantecer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de outubro de 2020

O letrado da Administración de xustiza