Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45948

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de auto de aclaración de sentenza (DSP 947/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 947/2019 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Sebastián Cubeiro, S.L. e coa intervención do Fogasa, sobre despedimento, con data do 26.10.2020, se ditou o Auto de aclaración da sentenza nº 312/2020 ditada no presente procedemento. Faise saber, igualmente, que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en forma legal a Sebastián Cubeiro, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza